top of page

MALALA YOUSAFZAI

Malala era unha nena que vivía en Pakistán e á que lle encantaba ir á escola. Un día, un grupo de homes armados, chamados talibáns, tomaron o control do lugar e atemorizaron á poboación coas súas armas.

Os talibáns prohibíronlles ás nenas ir á escola e como Malala pensaba que iso era moi inxusto, comezou a queixarse diso a través das redes sociais e a televisión.

Uns días despois, Malala subiu ao autobús escolar como de costume. De súpeto, dous talibáns pararon o autobús, subíronse, preguntaron quen era Malala lle dispararon na testa. (Ocurriu en outubro do 2012, cando Malala tiña 15 anos).

Por fortuna, levárona de inmediato ao hospital e non morreu. Recuperouse moito máis rápido do que calquera imaxinaba.

Malala é coñecida polo seu activismo a favor dos dereitos civiles, especialmente dos dereitos das mulleres en Pakistán.

A promoción de Malala convertiuse nun movemento con apoio internacional. A súa familia dirixe unha cadea de escolas na rexión.

Recibiu o Premio Nobel da Paz no 2014 aos 17 anos, convertíndose na persoa máis xoven en ter este galardón.

(Alumnado de 5º B)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page