top of page

VISITOU O NOSO COLE:

MONTSE FAJARDO

Esta saída didáctica complementouse o día 25 de abril ca visita ao noso centro da escritora e xornalísta vilagarciá Montse Fajardo.

Montse deu unha charla ao alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria sobre os motivos que lle impulsaron a escribir e algunhas das anécdotas sobre as súas obras principais.

Abriunos os ollos con moitas das historias das mulleres galegas "Invisibles" ante as inxustizas. Mulleres "Matriarcas" dunha xeración que non tivo tantas oportunidades de cambio pero que loitaron por inicialo. Ese proceso de igualdade polo que loitamos dende a escola.

Radio OndalongaEntrevista Montse Fajardo
00:00

SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA:

MULLERES DE CONTO

O día 24 de abril, con motivo do proxecto e tamén para celebrar co alumnado a conmemoración do luns 23 de abril (o Día do Libro). O alumnado de sexto nivel de Educación Primaria do CEIP Arealonga asistiu a unha visita guiada ao Salón do Libro de Pontevedra.
 

Na primeira parte da saída un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Vidal Portela de Pontevedra, nos fixeron de guías pola cidade, descubrindo recunchos emblemáticos nos que figuras da literatura galega como Castelao vivían, facían as súas reunións e desfrutaban dun café.

Na segunda parte da visita fomos ao Salón do Libro no que, a través de diferentes espazos, foron comprendendo a importancia que tiveron e teñen as mulleres no mundo da literatura: escritoras, ilustradoras, personaxes de conto...
Unha exposición preciosa que xiraba entorno aos contos, a figura feminina e unha pequena homenaxe a cultura mexicana (xa que México era o país convidado este ano).

 

Os rapaces e rapazas desfrutaron do mundo máxico da literatura, a cal lles permitirá abrir un pouco máis os seus ollos e explorar unha nova perspectiva para acadar esa igualdade. A ver se esta vez, ao contrario a coma se di nos contos, a podemos ver nun futuro ... non moi lonxano.

bottom of page