top of page

LUISA VILÁ JANER

Luisa Vilá Janer pertence a unha saga de cataláns que foron chegando a Galicia durante os séculos XVII e XVIII para adicarse a varios negocios, o máis importante foi a salazón.

Luisa naceu en Boiro, na parroquia de San Cristobo de Abanqueiro. Veu para Vilagarcía cando casou con José Bargés (Alcalde no 1872).

Luisa fixo un primeiro testamento no que deixaba todas as súas propiedades a Francisco Ravella  (Alcalde no 1881) pero este faleceu antes que ela, por iso fixo un segundo testamento no 1892, no  que expresamente deixaba cartos e terreo para construir o “asilo-hospitalillo para pobres enfermos e desamparados da nosa vila”. Na súa honra hai unha rúa que leva o seu nome, preto da actual Residencia da Terceira Idade “Divina Pastora”.

(Alumnado de 4º B)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page