top of page

ROSALÍA DE CASTRO

Naceu en Santiago de Compostela en 1837. Na sñua partida de nacemento figura coma filla de pais descoñecidos. Foi a súa nai dona Mª Tareixa de Castro, de familia fidalga vida a menos e o seu pai, don Xosé Martínez Viojo, clérigo que non puido nin recoñecer nin lexitimar a súa filla. Sen embargo, preocupouse por ela dende o primeiro momento, xa que foron as súas irmás as que se ocuparon da meniña, levándoa a vivir con elas a Padrón. Casou con Manuel Murguía. Tivo 7 fillos. Morreu en Padrón en 1885.

Rosalía converteuse no símbolo representativo dos sentimentos comúns do pobo galego. Na súa obra converxen influencias familiares, ambientais e literarias que marcarán a súa personalidade e a súa obra.

A súa produción é abondosa: cultivou a novela, o conto e a poesía.

Poesía: Cantares Galegos, Follas Novas, La Flor, A mi madre, En las orillas del Sar.

Prosa: La hija del mar, Flavio, El cadiceño, Ruínas, El caballero de las botas azules, El primer loco, Conto Gallego.

(Alumnado de 5º A)

Algunhas actividades:

Actividades relacionadas para traballar a Rosalía.

bottom of page