top of page
DESMONTANDO REFRÁNS

Os refráns, como xa sabedes, son oracións de orixe popular repetidas tradicionalmente de forma invariable, na cal se expresa un pensamento moral, un consello ou unha ensinanza. Isto da que pensar moito cando a través dos anos foronse repetindo refráns coma "A boa muller, ni ha de ouvir, nin ha de ver" ou "A muller e a sartén, na cociña están ben" na cultura galega.

Estas frases, evidentemente, teñen tras eles unha representación do tipo de sociedade na que viviamos e seguimos vivindo. Unha sociedade machista e patriarcal da que debemos renegar en busca dunha igualdade real para todos e todas. Os nenos e as nenas o teñen claro, e abrenos un pouco os ollos cas súas reflexións neste vídeo:

DESMONTANDO REFRÁNS

Marta, Gabriel, Lucía, Noelia, Telmo, Sheila, Sergio, Anxo, Candela S., Alejandro, Pablo P., Alba, Dani, Candela L., Antía e Aroa.

Refráns  desmontados:

*Segredo en muller, non pode ser.
*Muller ao volante, perigo constante.

*O amor da muller na roupa do home débese ver.

*A sartén e a muller na cociña están ben.

*Onde canta o galo, non canta galiña.

*A muller na casa e o home na praza.

*Idiota ha de ser o que confía na muller.

bottom of page