top of page

CLEOPATRA

Cleopatra naceu en Alexandría, foi a derradeira raíña de Exipto. Filla de Ptolomeo e Cleopatra V. Casárona co seu irmán para acceder ao trono cando so tiña 17 anos. Era moi bela, moi intelixente e dominaba moitos idiomas. Ao pouco tempo de estar no trono, o seu irmán derrocouna, obrigándoa a marchar a outro país. Ela ca súa astucia, pensou un plan para volver ao seu trono, e así foi como, ca axuda de Xulio César, volveu a reinar.

Tempo despois Xulio César morreu e Cleopatra casou con Marco Antonio para seguir reinando. Xuntos conseguiron conquistar moitos pobos e Roma declaroulles a guerra. Finalmente Cleopatra decidiu suicidarse facendo un ritual exipcio coa axuda das súas criadas antes de que Octavio, o seu inimigo, a fixera prisioneira ante todo o pobo de Roma.

(Alumnado 1º C)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page