top of page

AS GAFAS VIOLETAS

As gafas violetas foi unha actividade que nos permitiu realizar un análise da situación de desigualdade nas profesións da nosa vila.
 

En primeiro lugar as rapazas e os rapaces do CEIP Arealonga realizaron unha pequena enquisa no centro a todos os niveles educativos sobre as profesións que lles gustaría ser de maiores aos nenos e nenas de Educación Infantil e de Educación Primaria.

En segundo lugar, analizamos a nosa contorna. Preguntamos por diferentes establecementos e negocios do sector terciario cantas persoas traballaban alí, cantos eran homes e  cantos mulleres, e quen era a persoa encargado/a.

Finalmente o alumnado de sexto, traballando tanto contidos de ciencias coma de matemáticas, foron os encargados de analizar os datos e sacar as súas propias conclusións. Pareceulles sorprendente que sexa tanta a diferenza que se mostra nalgunhas profesións. Así o pudeiron deixar claro no programa dedicado ao proxecto na radio escolar do centro. Aquí vos deixamos un fragmento do debate e as conclusións da análise:
 

Link ao fragmento do programa de radio escolar 'Ondalonga':

(Pendente de subir a web)

bottom of page