top of page

J.K. ROWLING

A escritora Joanne Rowling naceu en Yate (Reino Unido). Cando era nena, escribía historias fantásticas que logo lle relataba a súa irmá. A os doce anos, a súa tía avoa deulle unha copia da autobiografía de Jessica Mitford e Rowling leeu todos os seus libros. Sempre tivo paixón pola lectura e escritura.

 

Estudou Filoloxía Francesa e Clásica na Universidade de Exeter. Nunha viaxe en tren entre Manchester e Londres, no ano 1990, imaxinou a un personaxe infantil con grandes poderes máxicos o que chamou Harry Potter e que cinco anos máis tarde sería a gran publicación da súa vida. Adoptou a K de Kathleen (o nome da súa avoa) e así e coñecida como J.K. Rowling.

 

Foi profesora de inglés en Portugal, pero por motivos persoais volveu a Inglaterra e dedicouse a rematar a súa novela, Harry Potter e a pedra filosofal. Varias editoriais negáronlle a súa publicación e foi a prestixiosa firma británica Bloomsbury a que aceptou facelo.En anos sucesivos, chegou a publicar seis libros máis desta saga de magos (que foron levados ao cine), así como outras novelas destinadas a un público lector máis adulto.

 

Agora é unha das persoas máis poderosas e influentes do mundo.

(Alumnado de 4º A)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page