top of page

JANE GOODALL

Jane Goodall naceu o 3 de abril no ano 1934 en Londres, Inglaterra, nunha familia de clase media. É unha importante primatóloga que estuda a conducta dos chimpancés salvaxes en Tanzania.

 

Cando era pequena, o seu pai regaloulle un chimpancé de xoguete chamado Jubilee e así comezou o seu soño de estudar e escribir sobre os animais en África.  Aos 23 anos, comezou a facer o seu soño realidade viaxando a Kenia, onde traballou co famoso antropólogo Louis Leakey. Este a enviou en 1960 a Gombe (Tanzania), ca arriscada e ilusionante misión de investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes da zona. Ca compañía da súa nai e cun cociñeiro, plantou a súa tenda de campaña na selva e comezou o seu proxecto que ía durar 6 meses en teoría pero que continúa no presente tras aproximadamente 58 anos.

Ela viu nun chimpancé un comportamento moi parecido ao dos seres humanos pois estaba quitándolle as follas a unha poliña ata deixala sen elas. Despois, o chimpancé, utilizouna para cazar termitas nun niño. Isto demostrou que os chimpancés seméllanse moito aos humanos pola maneira de pensar as cousas e por iso, moitos científicos, din que somos unha raza descendente dos primates.

Jane fundou un instituto co seu nome onde se recolle información sobre os chimpancés de Tanzania. Escribiu máis de 30 libros, fixo máis de 11 películas e fixo un documental chamado ‘Jane’ para National Geographic. En abril de 2002, o Secretario Xeneral Kafi Annan a nomeou “mensaxeira de paz” das Nacións Unidas.

 

Jane quere protexer e axudar aos chimpancés xerando empatía e foi considerada unha das mulleres científicas con maior impacto no século XX. Aos 83 anos segue estudando a esta especie e viaxando case 300 días ao ano para descubrir máis sobre estes curiosos animais.

(Alumnado de 6º A)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción):

http://janegoodall.es/es/rinconeducativo.html

bottom of page