top of page

HIPATIA DE ALEXANDRÍA

É unha das primeiras científicas das que temos referencia, está considerada a
pioneira das mulleres na ciencia.


Hipatia naceu en Alexandría, Exipto, ano 350. Foi matemática, filósofa, profesora, astrónoma, escritora e inventora. Traballou co seu pai, Teón de Alexandría, no museo e biblioteca da cidade, postos que eran reservados para os homes. Alí estudiaba aspectos coma, por exemplo, o movemento de distintos astros, entre eles o sol; escribiu sobre álxebra e xeometría. Moitos dos seus estudos desapareceron ao arder a biblioteca de Alexandría.

Foi unha adiantada ao seu tempo, negábase a vestir como muller, levaba túnica como o resto de profesores. Era unha gran defensora do pensamento crítico, “Conserva celosamente tu derecho a reflexionar, porque incluso el hecho de pensar erróneamente es mejor que no pensar en absoluto”.


Morreu no 415, nunha morte cruenta, foi apaleada .


Fíxose unha película sobre a súa vida: “Ágora” de Alejandro Amenábar.

(Alumnado de 1º A)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page