top of page

O PROXECTO: DÁME IGUAL

Dende o CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa, ao igual que en moitos outros centros de Galicia e do mundo, buscamos proporcionarlles aos nenos e nenas unha formación para o seu futuro baseada no respecto e na igualdade de oportunidades.
 

A educación é o axente máis poderoso nun proceso de transformación social e, por iso, queremos acadar unha convivencia real entre os sexos afastada da opresión mutua. Se somos quen de transmitirlle ao alumnado valores baseados na paz, no respecto e na igualdade, a sociedade do futuro será pacífica e igualitaria.

O proxecto 'DÁME IGUAL' consta de varias actividades:
 

  • =DADE (vídeo análise): Un curto no que analizamos mediante varias probas e preguntas a realidade da nosa escola con respecto a algúns estereotipos existentes na sociedade.
    https://youtu.be/dMZnAmvR32Y

     

  • KM POLA IGUALDADE: No centro realizaremos unha carreira na que intentaremos demostrar que estamos dispostos a esforzarnos por conseguir unha igualdade real para o noso futuro.
     

  • AS GAFAS VIOLETAS: Veremos e analizaremos o noso colexio e o entorno do centro para ver en que sectores económicos notamos desigualdades. Como o conseguiremos? Mediante un análise das profesións da nosa vila.
     

  • MULLERES DE CONTO: O día 24 de abril o alumnado de sexto nivel de Educación Primaria do CEIP Arealonga asistiu a unha visita guiada ao Salón do Libro de Pontevedra que estaba adicado as mulleres de conto. Esta saída didáctica complementouse ca visita ao noso centro da escritora e xornalísta vilagarciá Montse Fajardo.
     

  • "DESMONTANDO" REFRÁNS: A través dos anos seguimos escoitando e utilizando refráns, historias e contos populares aos que quizáis nunca nos detivemos a analizar con detalle. Pode ser que inconscientemente nos inflúan na nosas vidas?

  • MULLERES DA HISTORIA: O alumnado do centro creará unha recopilación de biografías de mulleres importantes na historia da humanidade e tamén actividades para facer nas clases cos nenos e nenas.
     

bottom of page