top of page

AMELIA EARHART

Había unha vez unha moza  dos Estados Unidos que era moi valente porque lle gustaba facer cousas arriscadas e que ninguén fixera antes. Chamábase Amelia e naceu en 1897.

Aforrou moito para comprar unha avioneta amarela. Con ela cruzou o Océano Atlántico converténdose na primeira muller que o facía.

Despois de facer o seu maior logro quería conseguir un máis grande: dar a volta arredor do mundo. Tiña 40 anos cando durante o traxecto o sinal do seu avión se perdeu e nunca se soubo máis dela.

Sabía que era unha viaxe moi perigosa pero quería demostrar que as mulleres podían intentar facer as mesmas cousas que os homes.

“A aventura é valiosa en si mesma.”
AMELIA EARHART

(Alumnado de 2º A)

Algunhas actividades:

Links con actividades para o seu traballo na aula co alumnado. (En proceso de construción)

bottom of page