top of page

KM POLA IGUALDADE

O día 19 de abril realizamos no recinto do colexio unha carreira na que participou todo o alumnado, dende os nenos e nenas de Educación Infantil ata os de sexto nivel de Educación Primaria, e tamén os mestres e o persoal do CEIP AREALONGA.

Con esta actividade que iniciaba o proxecto DÁME IGUAL, queríamos demostrar que dende o noso colexio estamos dispostos, independentemente da idade e do sexo, a esforzarnos para conseguir un mundo mellor e máis igualitario cas nosas accións, unha igualdade real. As xeracións futuras veñen con forzas, moitas forzas e moitísimas gañas de demostrar que se nos esforzamos xuntos e traballamos xuntos respectandonos, podemos facer grandes cousas.

bottom of page