top of page

AS GAFAS VIOLETAS EN VILAGARCÍA DE AROUSA

Recordamos que 'as gafas violetas' foi unha actividade que nos permitiu realizar un análise da situación de desigualdade nas profesións da nosa vila e no noso centro. A continuación explicamos como foi a segunda parte da análise.

A segunda actividade consistiu en que os rapaces e rapazas de quinto e sexto nivel do CEIP Arealonga realizaron unha recollida de datos polos diferentes negocios da vila. Preguntaron en tendas de roupa, axencias de viaxes, locales de hostelería, centros educativos... e conseguiron datos que lles permitiron facer moitos descubrimentos.

Con esta ficha conseguimos reunir os seguintes datos para analizar:

Tipos de traballos analizados:

COMERCIOS: Supermercados, tendas de roupa, librerías, droguerías...

TRANSPORTES: Taxis, estacións de tren, bus...

SERVIZOS PÚBLICOS: Colexios, policía, centros de saúde...

NÚMERO TOTAL DE HOMES E DE MULLERES:

ENCARGADAS MULLERES E ENCARGADOS HOMES.

Tras a recollida dos datos por parte do alumnado dos niveles de 5º e 6º de Primaria comezaron o análise dos mesmos, dando coma resultado as seguintes gráficas:

En primeiro lugar, moitísimas grazas aos establecementos e colectivos que atenderon a os rapaces e rapazas do colexio xa que sen a súa colaboración o proxecto quedaría incompleto.

O alumnado facendo este proxecto decatouse de que algúns sectores están claramente en desigualdade polo que fanse máis conscientes da problemática a que se enfrontarán no futuro. Aquí deixamosvos unha pequena reflexión que eles mesmos nos contaron para a radio escolar 'Ondalonga' comentando o proxecto:

bottom of page