top of page

Os substantivos

  • profe Adri
  • Nov 30, 2016
  • 1 min read

A veces temos problemas para diferenciar de que tipo de substantivo estamos falando. Imos recordar os tipos con esta infografía:

Polo tanto, se eu sigo o camiño sei que un nome propio non pode ser nin concreto nin abstracto. Imos ver algúns exemplos:

Adrián é un substantivo PROPIO.

Pato é un substantivo COMÚN, CONCRETO, CONTABLE e INDIVIDUAL.

Bandada é un substantivo COMÚN, CONCRETO, CONTABLE pero COLECTIVO (porque é un conxunto de aves).

Deportistas é un substantivo COMÚN, CONCRETO, CONTABLE e INDIVIDUAL (ainda que se refira a varios deportitas cóntaos por separado)

En cambio Equipos é un substantivo COMÚN, CONCRETO, CONTABLE e COLECTIVO (porque un equipo o forman varios deportistas).

Medo é un substantivo COMÚN e ABSTRACTO.

Auga é un substantivo COMÚN, CONCRETO e INCONTABLE. Podo dicir que hai moita ou pouca auga, e podo contar litros de auga (por exemplo teño 3 litros de auga) pero non podo contar un auga, 3 augas ou 200000 augas (serán litros, botellas ou vasos que si que se poden contar).

Practicaremos moito porque ás veces pode resultar complicado saber de qué tipo son.

Comments


Featured Review
Check back soon
Once posts are published, you’ll see them here.
Tag Cloud

Curso 2016/2017. Realizado con WIX

bottom of page